INCUBADORAS

INCUBADORAS

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

UNINOVA

UNINOVA é unha incubadora de empresas innovadoras e de base tecnolóxica promovida pola USC e o Concello de Santiago co obxectivo de promover a creación de empresas no ámbito universitario.

 
 
 
 
 
 
 
 
 

CAMARA DE COMERCIO

As Cámaras de Comercio de Coruña, Ferrol, Lugo, Santiago, Ourensae, Vilgarcía e Vigo ofrencen espazos para o establecemento de empresas nos seus primeiros pasos.

 
 
 
 
 
 
 
 
 

FUNDACIÓN CEL

A través deste viveiro, póñense a disposición dos usuarios espazos físicos para a localización de calquera proxecto viable. Ademais, ofrécese un conxunto de servizos deseñados para facer posible que as ideas innovadoras poidan converterse en empresas solventes e con garantías de supervivencia.

 
 
 
 
 
 
 
 
 

CEI NODUS

A inicativa do Concello de Lugo para a promoción económica e posta en marcha de novas actividades empresariais conta con espazos para o establecemento de empresas así como semilleiros de empresas.

 
 
 
 
 
 
 
 
 

CIE A GRANXA

Centro de Iniciativas Empresariais promovido polo Consorcio da Zona Franca de Vigo que pon a disposicón das/os emprendedores/as instalacións para poñer en funcionamento a súa idiea de negocio, ao tempo que lles ofrecen asesoramento e formación empresarial.

 
 
 
 
 
 
 
 
 

MANS PAIDEIA

Centro de iniciativas empresarias enfocado preferentemente a proxectos de novas tecnoloxía e comunicación, audiovisual. Entre os servizos que oferta, ademais de despachos e asesoramento integral, conta cun estudo de gravación.

 
 
 
 
 
 
 
 
 

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

A UDC pon a disposición espazos para a instalación de proxectos de empresas de base tecnolóxica, ademais de proporcionar asesoramento integral para a contitución da empresa, formación e propiciar a práctica do networking.

 
 
 
 
 
 
 
 
 

CEI TECNOPOLE

Incubadoras dirixidas a emprendedoras/es así como a empresas interesadas en desenvolver un proxecto innovador ou cun marcado compoñene tecnolóxico. Dispón así mesmo de espazos de Cotraballo (Coworking).

 
 
 
 
 
 
 
 
 

COFER

Centro de negocios promovido pola Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal.

 
 
 
 
 
 
 
 
 

CIE CONCELLO DE OURENSE

O alugueiro de despachos está dirixido a PEMEs de nova ou recente creación.