2022 CONTRATACIONS CONCELLO DE AGOLADA- 

APROL RURAL 2022

O Concello de Agolada tramitou ante a consellería de emprego e igualdade unha solictude para a contratación de persoal dentro do programa denominado Aprol Rural.   Tendo en conta que o reparto de estos fondos atende a criterios de entrada, e sendo moi conscientes da necesidade de xeración de postos de traballo no termo municipal,  se tramitou a nosa solicitude coa máxima premura xa no primeiro día de apertura de prazos, o 02/02/2022,  a fin de poder contar co maior número de contratos posibles.  Agardamos a resposta positiva da Xunta de Galicia.

 
 

APROL RURAL 2022 BASES DA CONVOCATORIA

Publicadas as bases para a selección de 3 traballadores dentro do servizo de Aprol Rural para o desenrolo de traballos silvícolas e de limpeza de cunetas, viais e zonas próximas a entornos vulnerables. Prevención de riscos de incendio.

BASES APROL RURAL 2022

 

APROL RURAL 2022 CONVOCATORIA DE TRIBUNAL E ASPIRANTES PARA AS PROBAS DE SELECCIÓN

Vista a relacións de candidatos remitidos polo SPEG para as ofertas de emprego destinadas a cubrir prazas dentro do Programa Aprol Rural 2022, se convoca a todos os aspirantes para as probas de selección que de seguido se indican.


O vindeiro día 13 de xuño, luns, terán lugar as probas de selección para os postos ofertados dentro do Programa Aprol Rural 2022. 

Serán as probas para a seleción de un peón forestal e dous peóns condutores.   

 A proba teórica terá lugar no salón de plenos do Concello de Agolada a partir das 

11:15 horas para os postos de Peón Condutor e 

ás 11;45 para o posto de Peón Forestal.   

Unha vez rematada esta fase e de seguido, se levará a cabo a proba práctica.

 

Se convoca así mesmo ao Tribunal cualificador para o citado día e horas.

O tribunal cualificador estará constituído por:
Presidente:
Titular: Diego García Pérez, (Funcionario do Concello de Agolada).
Presidente suplente: Calquera dos citados a continuación salvo o secretario.
Vocais:
1er vocal: David Criado Taboada (funcionario de Administración Local con habilitación de carácter nacional, Secretario-Interventor do Concello de Agolada).
2º vocal: Alejandro Maseda Mallo (funcionario de Administración Local con habilitación de carácter nacional, Secretario-Interventor do concello de A Fonsagrada).
3º vocal: Dona Nadia Díaz Vázquez, funcionaria de Administración Local con habilitación de carácter nacional, Secretaria-Interventora da Agrupación de Concellos Taboada-Guntín
Secretario: Dona Lorena García Osorio, funcionaria de carreira, auxiliar administrativo do Concello de Taboada
Secretario suplente: Calquera dos citados anteriormente salvo o presidente

 

 

2022 CONTRATACIONS CONCELLO DE AGOLADA- PLAN CONCELLOS 2022

APROBADAS POR DEPUTACIÓN AXUDAS PARA A CONTRATACIÓN DE 14 OPERARIOS NO PLAN CONCELLOS 2022

A Deputación de Pontevedra ben de resolver favorablemente á solicitude de axudas para a contratación de 14  persoas desempregadas que se incorporarán ao servizo do Concello de Agolada logo da preentación das corresponedentes ofertas de emprego ante a oficina de emprego de Lalín. 

Os candidatos aos postos ofertados deberán estar inscritos coma demandantes de emprego non ocupados na data de presentación de ofertas e ata a contratación.  Sensibilizados coa especial casuística e dificultade de insercción sociolaboral de determinados colectivos, o Concello de Agolada se reserva 3 prazas para a contratación de persoas con discapacidade.

Os postos ofertados serán os seguintes:

1 licenciado/a en xornalismo ou equivalente, 5 operarios/as pavimentadores, 3 operarios/as poceiros redes de saneamento, 2 traballadores/as mantedores de edificios e 1 empregado/a administrativo con tarefas de atención ó público (reservada a persoas con discapacidade cun grao recoñecido igual ou superior ó 33%) a xornada completa durante 6 meses; 1 traballador/a pegador de cartaces (reservada a persoas con discapacidade cun grao recoñecido igual ou superior ó 50%) e 1 ordenanza (reservada a persoas con discapacidade cun grao recoñecido
igual ou superior ó 50%) a media xornada durante 3 meses.
 
Os candidatos remitidos polo SPEG deberán superar as probas que se determinen nas correspondentes bases de selección.
 

BASES PARA A CONTRATACIÓN DE 14 OPERARIOS NO PLAN CONCELLOS 2022

 

BASES PARA A CONTRATACION DE 14 OPERARIOS CON CARGO AO PLAN CONCELLOS DA DEPUTACIÓN NO 2022

RESULTADOS  CONTRATACIÓN DE 14 OPERARIOS NO PLAN CONCELLOS 2022