2022 CONTRATACIONS CONCELLO DE AGOLADA- PLAN CONCELLOS 2022

APROBADAS POR DEPUTACIÓN AXUDAS PARA A CONTRATACIÓN DE 14 OPERARIOS NO PLAN CONCELLOS 2022

A Deputación de Pontevedra ben de resolver favorablemente á solicitude de axudas para a contratación de 14  persoas desempregadas que se incorporarán ao servizo do Concello de Agolada logo da preentación das corresponedentes ofertas de emprego ante a oficina de emprego de Lalín. 

Os candidatos aos postos ofertados deberán estar inscritos coma demandantes de emprego non ocupados na data de presentación de ofertas e ata a contratación.  Sensibilizados coa especial casuística e dificultade de insercción sociolaboral de determinados colectivos, o Concello de Agolada se reserva 3 prazas para a contratación de persoas con discapacidade.

Os postos ofertados serán os seguintes:

1 licenciado/a en xornalismo ou equivalente, 5 operarios/as pavimentadores, 3 operarios/as poceiros redes de saneamento, 2 traballadores/as mantedores de edificios e 1 empregado/a administrativo con tarefas de atención ó público (reservada a persoas con discapacidade cun grao recoñecido igual ou superior ó 33%) a xornada completa durante 6 meses; 1 traballador/a pegador de cartaces (reservada a persoas con discapacidade cun grao recoñecido igual ou superior ó 50%) e 1 ordenanza (reservada a persoas con discapacidade cun grao recoñecido
igual ou superior ó 50%) a media xornada durante 3 meses.
 
Os candidatos remitidos polo SPEG deberán superar as probas que se determinen nas correspondentes bases de selección.